top of page

Encontro "DanzaNenxs" en CIRCONOVE nave de circo


Hoxe foi un día especial!

Dende a nosa filosofía de ensinanza, a danza vai máis aló dunha técnica concreta, interactúa con outras disciplinas, ten unha perspectiva artística, e completa o desenvolvemento integral das persoas. Por esto e por mais, procuramos achegar axs nosxs nenxs experiencias que lles permitan "aprehender" a danza dende diferentes lugares nos que podan cuestionar ou reforzar o seu coñecemento. Con estas ideas de base, preparamos unha xornada de encontro e intercambio entre "DanzaNenxs" e a escola de circo de Santiago de Compostela: CIRCONOVE. Xs nenxs de danza pasaron a tarde coñecendo outro xeito de aprender e compartindo as disciplinas que xs nenxs de circo estudan na súa escola. En varios grupos, tamén mostraron as creacións de final de curso que en ambas escolas xs nenxs estan a preparar. Entre unxs e outrxs compartiron opinións e consellos para seguir o seu traballo e reflexionouse sobre siderentes xeitos de crear. O peche da xornada foi o que verdaderamente deulle valor a mesma. En "tempo libre" entre picoteos das merendas, xs nenxs conviviron de verdade compartindo as suas habilidades. Transmitindo e reforzando os seus coñecementos e convivindo a traves da danza e o circo. E por esta dinámica final que se creou, é que hoxe foi un día espacial.

Así o viviron porque ao fin e ao cabo, elxs son xs seus/suas mellores mestrxs!


Featured Posts
Recent Posts
Search By Tags
No hay tags aún.
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page