top of page

Esta web engloba todas as actividades relacionadas coa danza e diferentes artes do movemento, que levo dirixidas a nenxs ata os 12 anos.

 

Traballo principalmente en Santiago de Compostela, en Alfaia (escola de música e danza), e en diversas ANPAS. Ademais, traballo para María´s Children, un centro de integración a través da arte situado en Moscú, Rusia.
En paralelo ó traballo con nenxs realizo actividades dirixidas a adultos: clases regulares, talleres e monográficos (integrados en programas de formación mais amplos) e colaboracións pedagóxicas.

 

Son artista escénica, licenciada en Psicoloxía (especialidade Educativa), bailarina e docente titulada pola Royal Academy of Dance (Londres), e teño experiencia docente de mais de 10 anos. Na actividade docente e na vida reivindico o valor da arte para o desenvolvemento integral das persoas. Traballo poñendo en práctica unha pedagoxía da danza a través do xogo, do humor e da imaxinación na que atendo, sen primar, á técnica desta disciplina. 

 

En defensa do desenvolvemento d@s nen@s como bailarinas e bailaríns autónom@s/no autómatas.

 

Esta son eu pintada por Gonzalo (4 anos)

É o primeiro retrato que me pintou un neno; é o primeiro retrato no que son mais neno.

"Esta web é un espazo persoal onde gardar os afectos que xorden cando compartimos danza".

bottom of page